RESIS BLANCO 4II.gif

Fernando Buide del Real, Ramón Otero Moreira

Hugo Gómez-Chao Porta

DIÁLOGOS

O instrumento como o arquitecto do son

Mércores, 2 de maio

 

Aula de cámara do

CSM A Coruña

 

19:30 h, Entrada libre

(ata completar aforo)

Tres compositores galegos falan de música vocal e pianística actual a partir de tres das súas obras, incluídas no programa do Festival RESIS de Música contemporánea, A Coruña 2018: analizaránse  distintos aspectos coma o tratamento da voz solista e coral, as novas linguaxes pianísticas, a relevancia do timbre, as dinámicas, os rexistros e outros elementos idiomáticos de cada instrumento no proceso de construcción formal da obra, a relación entre novas tendencias e tradición histórica e a relación de creadores e intérpretes co público. As charlas darán paso a un coloquio aberto cos asistentes.

 

"El tiempo menos solo. Visión analítica dunha nova escritura vocal do século XXI”. Hugo Gómez-Chao Porta realiza unha aproximación ás novas formas de escritura instrumental e o seu reflexo no tratamento da voz solista e a escritura coral. Analízanse distintas escenas de “El tiempo menos solo” e profundízase no método compositivo e a súa estrutura formal a partir dos poemas de Abraham Gragera.

“Diálogos entre opostos na composición de Vento lisgairo (para piano solo)”. Ramón Otero Moreira analiza a utilización no proceso creativo de procedimentos antitéticos, antiloxías e outros xogos de contrarios como fundamento para a construcción do discurso formal en distintos niveis (con particular énfase no ámbito harmónico), e que funcionan tanto no arco narrativo global como no contexto local da obra.

“Pico sacro. O pianismo na obra de Fernando Buide”. O compositor comenta os procedimentos formais que funcionan na súa música e a implicación do instrumento no plano creativo tanto no repertorio para ensemble como no repertorio a solo.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez