RESIS BLANCO 4II.gif

Florian Vlashi

& Eva Vieites 

SINAIS, XOGOS E MENSAXES

"Visións do 68"

Venres, 18 de maio

 

Fundación Luis Seoane

20:45h, Entrada libre

(ata completar aforo)

O violín de Florian Vlashi e a voz de Eva Vieites fúndense no abrazo dun concerto-performance, unha danza entre a palabra e o instrumento na que os versos desterrados de Luis Seoane conversarán coas sonoridades rupturistas da vangarda europea. Como telón de fondo, imaxes visionarias que nos trasladarán a un mundo semiconsciente de conexións co maio do 68.

Despois do concerto estaremos todos invitados a degustar o viño de Bodegas Petron, medalla de ouro na primeira edición do concurso de viños de España, convocado pola Federación Española de Asociacións de Enólogos.

EQUIPO ARTÍSTICO

Violín

Florian Vlashi

Performance

Eva Vieites

Documentación

Bruno Mayorga

Vídeo

Clara Porta

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez