ALEJANDRO SANZ REDONDO

Colabora con diversas orquestras entre as que figuran: Joven Orquesta Nacional de España, Orquestra Ciudad de Granada, Sinfónica do Principado de Asturias, Filarmónica de Gran Canaria, Real Filarmonía de Galicia e Orquesta Sinfónica de Navarra.

 

Ofreceu cursos e concertos de percusión en diferentes puntos da xeografía española e sobre todo galega. Numerosas actuacións co dúo de violín e percusión Nicholas-Sanz. Foi membro do grupo de música contemporánea Ensemble S-21.

 

Foi director artístico da Orquestra Xoven da Sinfónica de Galicia dende outubro do 2001 ata setembro de 2007, organizando todos os encontros de cámara e orquestais da mesma, con directores da categoría de Alberto Zedda, Pietro Rizzo, Michael Gilbert, James Judd, Rubén Gimeno, James Ross etc.

 

Dende outubro do 2010 ata a actualidade é Director Académico da OJSG e a ONSG.

En xullo de 1993 entra a formar parte da Orquestra Sinfónica de Galicia como profesor e instrumentista, ata a actualidade. 

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez