ALEXANDRE LLANO DÍAZ

Nacido en Ferrol en 1990, comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de Ferrol coa profesora Emma Urango aos 8 anos, posteriormente accede á Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela recibindo clases de Bárbara Switalska.
 

En 2011 finaliza os Estudos Superiores de Música na Coruña con Matrícula de Honra, baixo a tutela de Clara Groba; á vez que perfecciona estudos coa profesora Ruslana Prokopenko.


Nese mesmo ano trasládase a Amsterdam (Paises Baixos) para realizar un Bachelor Degree que finaliza en 2015 co profesor Floris Mijnders.
Durante este período recibe leccións maxistrais de solistas de renome internacional como: Gary Hoffman, Giovanni Sollima, Dimitri Ferschtman, Asier Polo, Lluis Claret e Adolfo Gutierrez, entre outros.

 

Recibiu o 1º Premio Nacional e 2º Internacional do Concurso “Veo Veo” e recibe unha beca pola mesma institución para recibir clases maxistrais no Conservatorio Tchaikovsky de Moscú por Alexander Selezniev.


Participou como solista coa Orquestra do Conservatorio Superior de Musica da Coruña, nos concertos de clausura da Asociación Galega "Teresa Berganza" e na serie de concertos de Xóvenes Músicos do Conservatorio de Santiago de Compostela.


Desenvolveu unha amplia formación en música de cámara e orquestra participando en diferentes proxectos: Festival Schleswig Holstein (Alemania), JONDE (Joven Orquesta Nacional de España), Orquestra Sinfónica de Galicia, Orquestra da Escola de Altos Estudos de Santiago, Orquestra xoven da Sinfónica de Galicia, Orquestra de Cámara Galega, Orchestre des Jeunes da Mediterranée, Harmos Festival de Oporto e Orquesta de Extremadura; todo iso baixo a batuta de mestres como Semión Bychkov, Lorin Maazel, Krzysztof Urbański, Christoph Eschenbach, Dima Slobodeniouk, Carlo Rizzi, Lawrence Foster, James Judd, John Neschling, Michal Nesterowicz, Miguel Harth-Bedoya, Alberto Zedda, Victor Pablo Pérez...


Actualmente traballa na Real Filharmonía de Galicia, á vez que colabora con diferentes orquestras do país.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez