ÁLVARO VICTORIANO

Enamorado da gastronomía galega e os produtos atlánticos, Álvaro Victoriano chega a Coruña dende a súa Asturias natal tras dar os seus primeiros pasos no casino de Madrid. En Jockey, un dos restaurantes máis importantes da capital, conságrase como cociñeiro.

 

Na súa etapa galega foi xefe de cociña no restaurante El de Alberto durante dous anos, logrando ser mencionados na guía Michelin. Tamén foi director gastronómico do Grupo 57, onde puxo en marcha o Atlántico 57.

Dende 2017 é copropietario do restaurante Peculiar. Recentemente, este mes de novembro, abre Intenso, tamén na cidade herculina.

 

Este chef combina a materia prima galega coa súa gran creatividade para ofrecer pratos únicos con chiscos á terra e moita innovación. A cociña de fusión de Álvaro é creativa, innovadora e con gran sentido artístico. A súa cociña e a súa cabeza nunca descansan.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez