ÁNGELA GÓMEZ

(España, 1991)


Àngela Gómez Vidal é Titulada Profesional de Música na especialidade de piano e Graduada en Música na especialidade de Clarinete no CSM “Salvador Seguí” de Castelló de la Plana. Realizou clases de perfeccionamento do clarinete con Eduardo Raimundo Beltrán, Joan Enric Lluna, Enrique Pérez, Santiago Pérez e Sergio Bossi.

 

No campo da composición estudou con Andrés Valero, Anna Cazurra e Francisco Zacarés, e realizou clases e cursos con José Manuel López López, Melinda Wagner, Stefano Gervasoni e Jorge Villavicencio Grossmann.

 

A súa música interpretouse en diferentes auditorios, destacando o Palau de les Arts de València e o Palau de la Música de València, e en festivais como a 39ª Edición do Festival Internacional de Música Contemporània ENSEMS, a 13ª Mostra Sonora de Sueca, o Valencia International Performance Academy & Festival 2017, a 3ª Edición del SuecaSax, a 57ª Edición da Semana de Música Relixiosa de Cuenca e o I Taller de Creación Sonora da Jove Orquestra de València dentro da 40ª Edición de ENSEMS.

 

A súa música foi interpretada por formacións coma o Brouwer Trio, o cuarteto de saxofones Klexos Contemporary Music ou a JOGV. Actualmente estuda Composición no CSM “Joaquín Rodrigo” de València co profesor Voro Garcia.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez