ANTON VON WEBERN

(Viena, 1883 - Salzburgo, Austria, 1945) Compositor austriaco. Estudou musicoloxía en Viena. A partir de 1908 iniciouse como director de orquestra teatral en Viena, Teplizt, Danzig e Praga, e dirixiu os concertos sinfónicos destinados aos obreros en Viena (1922-1934). Foi director musical da radio austriaca e traballou na Universal Edition de Viena.

Xunto ao vienés Alban Berg, é o representante máis destacado da escola de Schönberg. As súas primeiras obras, como a Passacaglia para orquestra, son todavía de estilo posromántico. O período comprendido entre "Seis pezas para orquestra" (1910) e os "Cinco cánones para soprano e dous clarinetes" (1924) caracterizouse por texturas lixeiras, conxuntos instrumentais pequenos e unha construcción musical moi compacta.

 

Empleou por vez primeira o sistema dodecafónico na súa obra "Tres lieder populares religiosos", á que seguiron composicións nas que destacan a súa extrema intensidade e brevedade, concisión e delicadeza e as súas unidades melódicas fraccionadas. Ampliou o concepto de serialización dodecafónica á serialización rítmica, dinámica e tonal.

 

Entre as principais obras onde utilizou a dodecafonía cabe mencionar a "Sinfonía para orquestra de cámara" (1928), as "Cantatas Opus 29" e "Opus 31" e as "Variacións para piano" (1936) e "Variacións para orquestra" (1940). Tamén editou a "Choralis Constantinus II", do compositor flamenco Heinrich Isaac, cuxa maestría no emprego do contrapunto admiraba profundamente.

 

O ascenso ao poder do partido nazi truncou a súa carreira, e tivo que gañarse a vida con dificultade e realizando traballos como lector ou corrector. Trasladouse en 1945 á cidade de Salzburgo, onde encontrou a morte ao disparar sobre él por error un centinela estadounidense.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez