ANTONIO FACAL RIVAS

Nace na Coruña en 1986.

 

Titulado Superior en Música na especialidade de Violín no ano 2008, recibiu clase de mestres como Xosé Carlos García, Rogelio Groba, Nikolai Velikov ou James Dalghrem. Formou parte da Orquestra Nova da OSG, así como da Escola de Altos Estudos Musicais, a Orquestra de Cámara Galega e a Orquesta Gaos, traballando con directores como James Ross, Alberto Zedda, Rubén Gimeno ou Jordi Mora, e tocando en diferentes salas da xeografía española, Holanda e Estados Unidos.

 

Obtén o Título Superior na especialidade de Pedagoxía Xeral e da Linguaxe Musical no ano 2015, baixo a tutela de Matilde Rubio, acadando as máximas calificacións. Realiza diversos cursos de metodoloxía Dalcroze, así como de metodoloxía IEM con Emilio Molina. Dende 2010 é mestre por oposición na especialidade de linguaxe musical. Na actualidade traballa no CMUS Profesional da Coruña impartindo linguaxe musical, educación auditiva e vocal, así como dirixindo as agrupacións corais do centro (coro infantil e coro de grao profesional).

 

A súa experiencia coral comeza nos Coros da OSG en 2005, e continúa no Coro Gaos ata a actualidade, onde ademáis de gañar varios premios en concursos nacionais, forma parte do proxecto coral infantil "Minigaos". Acode a diversos cursos de dirección coral, e actualmente realiza os Estudos Superiores de Dirección no CSM da Coruña, con Fernando Briones.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez