ANTONIO ROMERO CIENFUEGOS

A Coruña, 1990

 

Comeza os seus estudos de contrabaixo aos 8 anos co mestre Antonio Portela Rodríguez na súa cidade natal, A Coruña e continuaraos no Conservatorio Superior da mesma cidade coa mestra Nerea Casanova Gilsanz. Durante o curso 2010–2011 realizou un Curso de Formación Continua na Esmuc (Escola Superior de Música de Catalunya) co mestre Andrew Ackerman e no 2011-2012, estuda un Master of Performance no Royal College of Music de Londres co mestre Thomas Martin. Máis recentemente, realizou un Máster en Interpretación Solista no Centro Superior Katarina Gurska cos Mestres Luis Cabrera e Karen Martirossian, becado pola Fundación Segundo Gil Dávila.
 

Recibiu clases de Mestres como Bernard Salles, Carlos Méndez, Risto Vuolane, Petru Iuga, François Rabbath, Thierry Barbé, Jeff Bradetich, Diego Zecharies, Alberto Bocini ou Ferrán Sala e tocou con directores como Pietro Rizzo, Alberto Zedda, James Judd, Jan Cober, Mihail Jurowski, Carlos Kalmar, Jesús López Cobos, Vladimir Jurowski ou Bernard Haitink.
 

Colaborou con distintas orquestras tales como a Orquestra Sinfónica de Galicia, Real Filarmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica de Radio–Televisión Española, Orquestra Sinfónica de Valencia, Orquestra Sinfónica de Madrid, Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias ou Orquestra Sinfónica de Castela e León. Así mesmo, ten colaborado en outros proxectos orquestrais e pedagóxicos como a Orquestra Gaos, a European Youth Wind Orchestra, I Academia Contemporánea Vía Stellae, Camerata da OSG, a Academia de Verán da NJO… e ten tocado de solista o Concerto de Contrabaixo de J. Françaix e o Carmen Fantasy de Franck Proto.
 

Recibiu varios premios ao longo da súa carreira: 2º premio no XI Concurso Diputación de Toledo para instrumentos de corda (2008); 3º Premio á Excelencia da Fundación Paideia (2012); 3º Premio no International Music Competition London Grand Prize Virtuoso (2016); e Mençao Honrosa no Concurso Internacional de Jovens Solistas da Costa Atlântica (2016).
 

Como compositor, ten estreado a obra Paseando por New York para quinteto de contrabaixos; Fendas, para coro, piano e recitado, escrita para o coro de cámara Ludus Tonalis; e máis recentemente, "Little… tango?" para orquestra de contrabaixos. Estreou, ademais, varias obras: "Número 4" de Antonio Portela Rodríguez; a "Sonata para contrabaixo e piano" e "4 Pezas para vibráfono e contrabaixo" do compositor, tamén galego, Federico Mosquera Martínez; "Bourrée" para contrabaixo só de Armand Russell; "Suspiros" e "Dúo para contrabaixo e violoncello" de Josep Cervera i Bret; e "Suite para contrabaixo e piano" do compositor Francisco García Álvarez.
 

Actualmente, exerce como profesor de contrabaixo no Conservatorio Superior de Música de Castela e León.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez