ARTURO CORRALES

(El Salvador/Suiza, 1980)

Compositor, director de orquestra, guitarrista, mestre e arquitecto. Naceu en El Salvador, e realizou os seus estudos musicais en San Salvador, Xenebra, Lugano e París. Co-fundador do Ensamble Vortex, en pro da creación de música nova; participou en moitos festivais internacionais de arte, como compositor, mestre e director.


A pesar do carácter experimental da súa música, a súa obra está moi influenciada pola música folclórica e popular, e existe no seu traballo un coidado constante pola forma e pola percepción do tempo e do espazo, nunha especie de música «habitable e humana».

 

Actualmente é profesor de composición e análise no Conservatorio Popular de Xenebra (CPMDT), e ademais é doutor en musicoloxía pola Universidade de Xenebra, con mención moi honorable e felicitacións unánimes do xurado.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez