BRUNO MAYORGA RODRÍGUEZ

A Coruña, 1972


Licenciado en socioloxía pola UDC, leva dous décadas dedicándose á xestión cultural.
Traballou no Concello de Carral como Técnico de Xuventude desenvolvendo programacións culturais como As Noites Abertas, un festival anual de música, performance, teatro, monólogos, etc. Como sociólogo realizou estudos no Concello de Miño para a elaboración dun Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes e sobre a Situación Sociolaboral da Muller. Tamén traballou nos Servicios Sociais do Concello da Coruña colaborando no deseño e posta en marcha dun Banco de Tempo. Actualmente desenvolve a súa actividade profesional como técnico bibliotecario nas Bibliotecas Municipais da Coruña onde coordina El Pensatorio, un taller de filosofía que vai xa pola terceira edición.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez