CAROLINA PÉREZ VÁZQUEZ

Ourensá dedicada á música dende a infancia, estuda Piano no Conservatorio da súa cidade natal, aínda que pronto desperta a súa paixón polo Canto e inicia os seus estudos.


Tras titularse como Mestra especialista en Educación Musical e licenciarse en Psicopedagoxía (Universidade de Vigo), realiza os Estudos
Superiores de Canto no Conservatorio Superior de Música de Asturias, e cursa o Máster de Interpretación na Esmuc (Barcelona).

 

Dende moi nova desenrola unha intensa actividade coral, en diversos coros de Cámara, especialmente no Coro da Orquestra Sinfónica de
Galicia.


Ademáis, colabora coa Federación Coral Galega impartindo cursos de Técnica Vocal por toda Galicia.
 

Completa asiduamente a súa formación musical e pedagóxica mediante numerosos cursos de especialización vocal e musical, con destacados intérpretes como Isabel Penagos ou Alberto Zedda.
 

Cantou en auditorios de toda Galicia, así como en salas de Asturias, Barcelona, Madrid, Cantabria, ou Portugal, interpretando repertorio sacro, sinfónico-coral, operístico e Lied.
 

Actualmente, continúa estudando e recibindo consellos en Madrid da súa mestra, a mezzo Alicia Nafé, xunto co pianista acompañante Manuel Burgueras.


Compaxina a súa actividade musical coa docencia, exerciendo a súa labor como Profesora de Canto no Conservatorio Superior de Música de A Coruña.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez