CHRISTIAN CASAS HERNÁNDEZ

Christian Casas Hernández inicia os seus estudos musicais á idade de 7 anos con Alfonso Medela no Conservatorio Profesional de Música de O Carballiño, rematando dito grao coas máximas calificacións en piano e música de cámara. En 2016 finaliza o Grao Superior de Piano coa mestra e pianista titular da OSG Alicia González Permuy con máximas calificacións. Nos últimos anos asistiu a cursos e clases maxistrais con Iván Klansky (2013), Katia Beekmans (2013), Andrezj Pikul (2014) e Gajusz Keska (2016) entre outros.


Por outra parte, en xullo de 2013 entrou a formar parte do Orfeón de O Carballiño como Director titular, destacando viaxes e concertos por Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela e León, Barcelona, Portugal, e por todo o territorio galego. Actuaron en 2015 para a TVG. En 2016, actuando para a VIII Festa da Emigración (en Arnoia), recibiu por parte da Xunta de Galicia un galardón de prata ao director máis xoven de Galicia.


Á súa vez, en 2014 comeza os seus estudos de Dirección de Orquestra e Coro co mestre Fernando Briones no CSM da Coruña. Actualmente cursa o 4º curso.


Paralelamente aos seus estudos no conservatorio, forma parte dende o ano 2013 do Coro Gaos da Coruña, actuando en óperas e concertos por Galicia e España.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez