CHUS ÁLVAREZ

Diplomada en Arte Dramática, é tamén Licenciada en Filoloxía Inglesa e Técnica Superior en Educación Infantil. Ten ampla formación como actriz de teatro, dobraxe e interpretación ante a cámara, con mestres como Lorena García de las Bayonas, Mar Navarro, Vicente Fuentes, Marta Schinca, Manuel Lourenzo, John Strasberg ou Eduardo Ruderman. Ademais, está a realizar un Máster en Estudos Avanzados de Teatro pola Universidade Internacional da Rioxa. 

 

Actualmente traballa como profesora de teatro no Centro Municipal de Artes Escénicas de Oleiros e na Escola Municipal de Teatro de Sada, onde tamén dirixe a compañía municipal de teatro, empregos que compaxina coa súa faceta actoral. 

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez