DAVID DURÁN

Solista de Vertixe Sonora.

Músico natural de Santa Comba. Comezou os seus estudos da man de Martín Millán Torrado quen sempre dirixiu a súa educación pianística e musical.

 

Tras concluir os estudos superiores de música en España, completa o Bachelor of Music (Bmus) e o Master of Music (Mmus) no Conservatorium Van Ámsterdam co pianista Matthijs Verschoor –co que formou dúo e realizou unha gravación- e co compositor Rafael Reina.

 

Foi bolseiro da fundación Jacques Vonk Fonds para continuar os seus estudos en Hungría, na Liszt Academy de Budapest co pianista Jeno Jandó. Ademáis é doutor en Historia da Arte e da Música na Universidade de Santiago.

A súa actividade como pianista mereceulle varios recoñecementos e o convite a recitais ou para impartir docencia en diferentes Universidades internacionais. 

 

É o pianista de Vertixe Sonora, ensemble convertido nun referente insustituible para a última xeración internacional de compositores. Coa permanente estrea de novas obras, Vertixe Sonora está a facer que Galicia participe da creación sonora internacional cun protagonismo activo e desafiante. É tamén unha agrupación constantemente convidada a festivais internacionais tanto en España (en Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao ou San Sebastián) como no estranxeiro (en Portugal, Francia, Alemaña, Suecia, México ou os Estados Unidos).

Paralelamente á súa actividade musical David Durán desenvolve proxectos literarios. Así pois no ano 2008 publícase o seu poemario-DVD “Palabras Xordas para Oídos Necios” na editorial tresCtres, e no 2010 saen publicados poemas soltos na revista Madrygal.

 

Dende 2010 é ademáis colaborador do xornal La Voz de Galicia como crítico musical; dende 2013 corresponsal en Santiago da revista musical Scherzo; e dende 2016 ten unha sección propia sobre música contemporánea na revista online Sulponticello.

David Durán incorporouse ao corpo de Profesores de Música e Artes Escénicas en 2006 como profesor de piano no Conservatorio Profesional de Música de Santiago de Compostela, e dende o 2008 ata o 2011 asumiu a dirección deste centro. 

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez