DAVID RODRÍGUEZ

Nado en Vigo, obtivo o Título Superior de Percusión no Conservatorio Superior de Música de dita cidade no ano 2004. Posteriormente, becado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza, amplía os seus estudos  coa realización do Postgraduate in Timpani and Percussion na Royal Academy of Music de Londres entre os anos 2006 e 2008 cos profesores Neil Percy, Simon Carrington, Dave Searcy, Eric Sammut e Colin Currie obtendo as máis altas cualificacións e los premios “Avedis Zyldjian Award in recognition of excellence in the Art of Percussion” no ano 2007 e o “James Blades in Percussion Performance Award” no ano 2008.

Participa en numerosos cursos e máster clases con profesores de recoñecido prestixio internacional, ademáis de ser membro da Joven Orquesta Nacional de España entre 2004 e 2006, a Orquesta Joven da OSG entre 2000 e 2004, y colaborador da Orquesta Sinfónica de Galicia entre outras, traballando baixo a batuta de directores como Sir Colin Davis, Mark Elder, Susanna Malkki, Victor Pablo Pérez, Jesús López Cobos, Alberto Zedda, Yan Pascal Tortelier, Pietro Rizzo, Jacov Kreisberg, Gianandrea Noseda, George Pelhivanian, etc.

Actualmente é profesor no Conservatorio Profesional de Música de Vigo dende o curso 2008/2009, actividade que compaxina coa de percusionista na Orquestra Vigo 430.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez