DESPINA IONESCU

Naceu en Constanta (Rumanía) e empeza os estudos de violÍn aos 5 anos, matriculándose seguidamente no Liceo de Música e Arte Plástica de Constanta.

 

No ano 1980, superou a proba de acceso para cursar estudos superiores de música no Conservatorio George Enescu de Iasi, co profesor Bujor Prelipceanu. Ao finalizar os estudos superiores, conseguiu a praza de axuda de concertino, na Filarmónica Mar Negro de Constanta. A partir dese momento, a súa carreira de intérprete vai estar definida polas numerosas xiras que realizou con dita orquestra por: Alemania, Francia, Italia, Suiza, España e Estados Unidos.

 

No ano 1994 forma unha agrupación de cámara, onde empeza a tocar a viola, a súa segunda paixón.

No ano 1996 ven como invitada en A Coruña e dende entón, é membro da Orquestra Sinfónica de Galicia. 

En paralelo co traballo da OSG, é membro de varias agrupacións de cámara coma o Grupo Siglo XX, Camerata Brigantina, Cuarteto  Escu, Trío Rusia e varios grupos de Música Contemporánea.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez