ELOY VÁZQUEZ FONTENLA

Nacido en A Coruña en 1980, comenza os seus estudos de guitarra aos once anos, primeiro co seu pai, continuando despois na Agrupación Musical Albéniz da miesma cidade.


Tras rematar os seus estudos de Enxeñaría Informática, en 2004 accede ao Conservatorio Profesional de Música de A Coruña donde asiste a clase con Mateo Arnáiz e Carlos Villarino, entre outros, rematando os seus estudos de Grao Profesional en 2010 coas máximas calificacións.

Actualmente cursa terceiro ano de Grao Superior de Guitarra con Ramón Carnota, nol CSM de A Coruña.


Recibiu masterclasses de diversos mestres, entre os que destacan Álex Garrobé, Marco Socías, Carlo Marchione, William Waters e Margarita Escarpa, entre outros.


Como intérprete, ademáis de concertos como solista, actuou en formacións de cámara (con solistas de frauta, violín ou clarinete, así como cantantes), e formou parte das orquestras da Agrupación Musical Albéniz, Grupo Siglo de Oro, Camerata Ártabra, Galaicum Ensemble (sendo un dos seus fundadores), Orquestra efímera de guitarras José Tomás de Petrer, e actuou coa Orquestra do Conservatorio Profesional de Música de A Coruña (gañando o concurso de solistas no ano 2010), Orquestra Gaos, etcétera.


Ademáis, entre 2003 e 2005 exerce como mestre de guitarra e director da Rondalla da S.R.I de A Gaiteira. Desde 2015 é mestre de guitarra na Escola de Música do Colexio Internacional Eirís, de A Coruña.


Completa a súa formación con clases de canto e técnica vocal, estudando con mestres como Pablo Carballido, Yolanda Montoussé e Carmen Subrido, entre outros. Como cantante, actualmente forma parte do coro da Orquestra Sinfónica de Galicia  e do Coro Gaos, actuando baixo a batuta de importantes directores do panorama internacional.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez