EVA VIEITES
Naceu na Compostela do ano 1980 e medrou no contraste entre as pedras sacras de Bonaval e a realidade excluída do barrio de Vite.  
Estudou Historia na procura de comprensión das cousas que acontecían no mundo. A recuperación do tecido social nas Pontes e o estudo da represión das mulleres, no Vigo rural da posguerra, foron os seus proxectos finais en cadanseu posgrao. Desde hai oito anos desenvolve nas bibliotecas municipais da Coruña o seu compromiso social coa comunidade.
 
Interesada pola comunicación escénica, en 2018 desenvolveu en RESIS, xunto co músico Florián Vlashi, o concerto Sinais, xogos e mensaxes. Visións do 68, con intervencións textuais e performáticas a partir de textos de Guy Debord, Pier Paolo Pasolini e Gyorgy Kurtág.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez