FELIPE AGELL

Comeza os seus estudos de clarinete en Vigo e Madrid. En 1999 fai o Posgrao de Clarinete no Conservatorio de Amsterdam con George Pieterson, e despois trasládase a  París, onde obtén  o Ciclo de Perfeccionamento de Clarinete con Alain Damiens, solista do Ensemble Intercontemporain, sendo galardoado co Primeiro Premio “á unanimidade” en Clarinete e Música de Cámara. No ano 2001 é seleccionado pola “Academie de musíque du S. XX” de París, e no 2004 recibe unha bolsa de estudos para o Festival “Acanthes” (Francia), interpretando obras para clarinete e dispositivo electrónico en tempo real co IRCAM. 

 

Traballa con compositores actuais como M. Rodeiro, J. González, M. Ribera, V. Sannicandro, G. Eckert, A. Pulido e E. Moguillansky, interpretando obras no  Memorial Enrique X. Macías (MARCO), Ciclo Galegos Hoxe, Festival Vía Stellae, Festival de Música Contemporánea de Madrid (2004), Ciclo Música e Arte (CGAC), IV Cicle de músiques contemplatives (Barcelona) etc. 

 

En 2008 foi galardoado co Cuarteto Caramuxo co Premio Cancioneiros da Fundación Pedro Barrié de la Maza, e no 2014 co Premio Martín Códax da Música Galega na categoría de música folk.

 

É  profesor de clarinete e música de cámara no CMUS Profesional de Vigo, membro de Vertixe Sonora Ensemble, Cuarteto Caramuxo e Trío Nordesía.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez