FERNANDO BUIDE DEL REAL

A música de Buide foi programada por gran parte das principais orquestras españolas (Euskadi, Bilbao, Navarra, Sinfónica de Madrid, ORCAM, Rtve, Tenerife, Jonde, Gran Canaria, Asturias...) así como outras estranxeiras como a Sinfónica de Pittsburgh ou Minnesota. Traballou con directores como Osmo Vänska, Libor Pések, Dima Slobodeniouk, Pablo González, Martínez Izquierdo, José Ramón Encinar, Miguel Hart-Bedoya ou Lorenzo Viotti; particularmente estreita é a súa relación co mestre Paul Daniel, quen dirixiu ata catro estreas absolutas do autor.

 

Doutor pola universidade de Yale, Buide estudou tamén na Universidade Carnegie Mellon de Pittsburgh así como nos conservatorios de Santiago e Oviedo, onde se formou como compositor, pianista e organista. Entre os seus mestres de composición destacan Leonardo Balada, Martin Bresnick ou Aaron Kernis.

 

Buide foi compositor en residencia na Real Academia de España en Roma. Entre outros premios recibiu o AEOS-BBVA na súa sétima edición ou o premio Michael Friedmann de investigación da Universidade de Yale.


Entre os seus próximos proxectos figura a estrea dunha ópera escrita en colaboración co dramaturgo Fernando Epelde coa orquestra Real Filharmonía de Galicia e o mecenazgo da beca Leonardo da Fundación BBVA.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez