FLORIAN VLASHI

Naceu en Durres (Albania) un 8 de novembro de 1963. Empezou os seus estudios de violín á idade de 6 anos. O seu pai, escritor e director de teatro moi coñecido, Gjergj Vlashi tivo un papel decisivo no futuro do seu fillo.

Estuda con V. Papa, R. Stefi, I. Madhi e obtivo pola Academia de Belas Artes de Tirana o primeiro posto por unanimidade. En 1989 gaña o Primeiro Premio no Concurso de Solistas e de Orquestras Sinfónicas de Albania. Este mismo ano foi director e solista da Orquestra de Corda “Jan Kukuzeli” coa que realizou moitos concertos e grabacións para a RTVA, e a súa primeira xira de concertos por Italia.

Dende 1992 é membro da Orquestra Sinfónica de Galicia, perfeccionando con G. Egger (Bachakademi Stuttgart) e L. Múller (Concertino da Orquesta de Camera de Viena). A súa actividade exténdese á pedagoxía , publicacións sobre a estética interpretativa e actividades como conferenciante (Conservatorio Superior, Universidade da Coruña, Universidade de Santiago, Universidade de Rioja – Logroño etc).

Foi invitado a tocar na inauguración da tempada de concertos do Centro de Arte Moderno REINA SOFIA, Fundación JUAN MARCH, Auditorio Nacional de Música de Madrid, CAIM–Salamanca, CAI-Zaragoza, na Academia de España en Roma, Instituto Cervantes en Nápoles, Estate Musicale Maffeiana en Verona, Prístina, Suiza, Sao Paulo, Montevideo etc. e en moitos festivais de música da Coruña (Festival Mozart), Santiago, Vigo, Bilbao, e colaborando como solista co Plural Ensemble de Madrid. Compositores como E. Buharaja, C. López García, J. Vara, X. De Paz, P. Pereiro, D. Malumbres, J. Durán, F. Buide del Real, A. Koci, W. Rosinskij dedicáronlle súas obras.

En 1999 saiu ao mercado o seu CD “Andrés Gaos - Integral para violín y piano” e en xullo do mesmo ano, a televisión albanesa realizou o documental “Florian Vlashi – el violín albanés en España“. É creador e director artístico do Festival do verano “Netet e muzikes klasike – Durres” (2003). No ano 2002 a Asociación Gallega de Compositores nombrouno “Socio Protector”. No mesmo ano noméase profesor do Departamento de Cordas no Conservatorio de Betanzos onde dirixe actualmente a Camerana Brigantina – La Joven Orquesta de Cámara (Betanzos).

Dende 1996 é creador e director do Grupo Instrumental Século XX que está integrado por solistas da Orquestra Sinfónica de Galicia estreando máis de 80 obras de autores en maior parte españois, algunhas encargo do propio grupo. Os seus concertos foron trasmitidos pola Radio Clásica de Radio Nacional de España, pola TVE 2 e polo Canal Internacional de España.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez