FRÉDÉRIC CHOPIN

(Fryderyk Franciszek Chopin; Zelazowa Wola, actual Polonia, 1810 - París, 1849) 

Compositor e pianista polaco. Se o piano é o instrumento romántico por excelencia débese en gran parte á aportación de Frédéric Chopin: no extremo oposto do pianismo orquestral do seu contemporáneo Liszt (representante da faceta máis extrovertida e apaixoada, case exhibicionista, do Romanticismo), o compositor polaco explorou un estilo intrínsecamente poético, dun lirismo tan refinado coma sutil, que aínda non logrou ser igualado.

Certamente son poucos os músicos que, a través da exploración dos recursos tímbricos e dinámicos do piano, fixeran «cantar» ao instrumento coa mestría coa que el o fixo. E é que o canto constituía precisamente a base, a esencia, do seu estilo como intérprete e como compositor.

Fillo dun mestre francés emigrado a Polonia, Chopin foi un neno prodixio que dende os seis anos empezou a frecuentar os grandes salóns da aristocracia e a burguesía polacas, onde suscitou o asombro dos asistentes gracias ao seu sorprendente talento. Desa época datan tamén as súas primeiras incursións na composición.

Wojciech Zywny foi o seu primeiro mestre, ao que seguiu Jozef Elsner, director da Escola de Música de Varsovia. As súas valiosas ensinanzas proporcionaron unha sólida base teórica e técnica ao talento do rapaz, quien dende 1829 emprendeu a súa carreira profesional como solista con unha serie de concertos en Viena.

O fracaso da revolución polaca de 1830 contra o poder ruso provocou o seu exilio en Francia, onde moi pronto daríase a coñecer como pianista e compositor, ata convertirse no favorito dos grandes salóns parisinos. En eles coñeceu a algúns dos millores compositores do seu tempo, como Berlioz, Rossini, Luigi Cherubini e Vincenzo Bellini, e tamén, en 1836, á que ía ser un dos grandes amores da súa vida, a escritora George Sand.

Pola súa índole novelesca e o incompatible dos caracteres dun e outro, a súa relación prestaríase a infinidade de interpretacións. Separáronse en 1847. Para entón Chopin achábase gravemente afectado pola tuberculosis que apenas dous anos máis tarde levaríao á tumba. En 1848 realizou aínda unha última xira de concertos por Inglaterra e Escocia, que saldou cun extraordinario éxito.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez