GUADALUPE TEUNTOR DOMÍNGUEZ (LIS)

Dende nena tivo gran afición á música, obtendo cos seus estudos diferentes títulos, tales como: Licenciatura en Dirección Coral, Instituto Superior de Arte, Cuba. Homologación ao título de profesora, especialidade Solfeo, Teoría da música, Transposición e Acompañamento. Formou parte durante 3 anos do coro da Orquestra Sinfónica de Galicia. Traballou en todos os conservatorios de música da provincia da Coruña como profesora de Linguaxe musical.


Recibiu o Cardo de Prata da Cidade da Coruña por todo o seu traballo artístico realizado na cidade. Outorgado pola Comisión de Fogueiras de San Xoán. Tanto como solista soprano como directora e actriz participou en múltiples actos organizados polo Concello, Deputación, Xunta de Galicia, Real Orden de Cabaleiros de María Pita, así como galas a nivel nacional e internacional.
 

Dende 2003 ata a actualidade dirixiu diferentes corais tales como a Coral Polifónica Sagrada Familia, Coral de Voces Brancas da Sagrada Familia, Aires Novos de Pravio, a Coral do Sporting Club Casino de A Coruña, a Coral de Maiores, Grupo Instrumental e Coro de Nenos de Culleredo, a Coral de Pensionistas da Casa do Mar, participando en importantes eventos a nivel nacional e internacional.
 

Realizou numerosas galas e entrevistas en prensa para La Voz de Galicia, La Vanguardia, La Opinión ou El Ideal Gallego, entrevistas en Radio Voz, TVG e Televisión Española.
 

Actualmente está rematando de cursar as Especialidades Superiores de Pedagoxía da Linguaxe Musical e Canto no Conservatorio Superior de Música da Coruña.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez