HUGO GÓMEZ-CHAO PORTA

Hugo Gómez-Chao Porta estudou composición en Madrid con David del Puerto, acabando os seus estudos coas máximas cualificacións. Actualmente é alumno na Kunstuniversität de Graz baixo a tutela de Beat Furrer, sendo becado pola Deputación da Coruña nas “Bolsas de perfeccionamento artístico” nos cursos 2017-2018 e 2018-2019. 

 

Paralelamente á formación académica recibiu clases de compositores como Clemens Gadentätter, Sergio Luque, Fiedrich Haas, Jesús Rueda e do director de orquestra George Pehlivanian.

 

Foi gañador do XXVIII Premio Xoves Compositores Fundación SGAE-CNDM 2018 “Xavier Montsalvatge”. É Compositor Residente de “Xuventudes Musicais de España” para as tempadas 2018-2019 e 2019-2020. Recibiu encargos e estreou obras grazas a entidades como Fundación SGAE, Asociación de Orquestras Españolas (AEOS), Orquestra Sinfónica de Galicia, IMPULS Festival 2019, IEMA Ensemble Modern Academy, Ensemble Sonido Extremo, Festival de Tres Cantos de Música Contemporánea, Compañía de danza contemporánea La Phármaco, Teatros del Canal, Museo de Belas Artes de A Coruña e Museo Provincial de Pontevedra entre outras. 

 

É un dos membros fundadores do Festival RESIS de Música Contemporánea da Coruña, do que actualmente é director artístico. 

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez