IRIA MARÍA FERNÁNDEZ HAZ

Nace na Coruña, empeza a interesarse pola música dende pequena cantando e asistindo a clases de guitarra. No ano 2005 entra no coro de nenos da OSG, pero non é ata 2014 que comeza os sus estudos musicais de canto no conservatorio profesional da Coruña con María José Ladra, mesmo ano no que remata os seus estudos de Técnico superior de laboratorio de diagnose clínica. Recibe clases da soprano Alba López Trillo dende o ano 2013 ata a actualidade. Gañou o concurso de solistas do conservatorio profesional da Coruña no ano 2016 e conseguiu varias matrículas de honra en canto.


Realiza diferentes cursos de canto con Borja Quiza, Daniel Muñoz e Marc Sala. Tamén recibe clases de Carmen Subrido e Yolanda Montoussé.
 

Dende a súa entrada no coro de nenos foi pasando polas diferentes formacións corais e actualmente continúa no coro da OSG como soprano. No ano 2012 entra a formar parte do coro Gaos. Gracias a estas formacións, participa en varias óperas como coro, entre elas Lucia di Lammermoor, La Traviata, Il trovatore, Un ballo in maschera... e infinidad de obras sinfónicas como 9a sinfonía de Beethoven, Pasión según San Juan, Pasión segundo San Mateo, Requiem de Mozart ou Verdi entre outras, tamén óperas e zarzuelas en versión concerto ou semirepresentadas como La tabernera del Puerto, Attila, Suor Angelica...
 

Tamén participa en diferentes concursos nacionais co coro Gaos e no 2015 canta como solista coa Orquestra e coro Gaos o Psalmo 43 baixo a batuta de Fernando L. Briones.
 

No ano 2009 graba Cancións para Antía xunto con outras 7 nenas do coro de nenos da OSG.
Entre 2016 e 2017 grava "Música para Navidad" co proxecto vocal agarimo.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez