JACOBO GASPAR

Jacobo Gaspar Grandal (Mos, 1975) é Titulado Superior en Composición polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, realiza estudos de Posgrao en Composición no Conservatorio Superior de Música de Aragón con José Manuel López López i é Doutor en Musicoloxía pola Universidade de Oviedo. Tamén é Licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Vigo.

Como compositor recibíu importantes premios, coma o primeiro premio “Xavier Montsalvatge” no XX Premio Jóvenes Compositores Fundación Autor – CDMC (Madrid, 2009), o primeiro premio na “VI International Jurgenson Competition for Young Composers” (Moscova, 2011), o ‘Special Prize’ e o ‘Audience Prize’ no “Isang Yun International Composition Prize 2013” (Seúl, Corea do Sur), a mención de honra no Premio “Valentino Bucchi-Parco della música” (Roma, 2014), ou o segundo premio no ‘8o Concurso Internacional de Composición da Póvoa de Varzim’ (Portugal, 2015).

A súa obra parte da modernidade e do novo paradigma que esta define, no que se replantea a relación son-música, algo do que se deriva unha expansión dos medios e das técnicas instrumentáis, novas liñas de traballo cos intérpretes e unha concepción da escoita dirixida a ensanchar a experiencia perceptiva.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez