JACOBO HERNÁNDEZ

Nacido en Madrid, Jacobo Hernández Enríquez realiza os seus estudos de grao superior no Conservatorio Superior de Música de Aragón con Juan Luis Gallego, o cuarteto Quiroga e Nacho de Paz. Jacobo estuda o seu primeiro mestrado en Basilea, Suiza, con Barbara Doll, Anton Kernjak e Geneviève Strosser. Actualmente reside en Graz, Austria, onde rematou os seus estudos de mestrado en Interpretación de Música Contemporánea co grupo Klangforum Wien.

Jacobo participou en numerosos festivais de música contemporánea e recibe regularmente invitacións de ensembles e grupos de toda Europa, como o xa mencionado Klangforum Wien, Ensemble Modern, Ensemble Linea, Ensemble PHACE, öenm de Salzburgo, Ensemble Schallfeld ou Ensemble ULYSSES, entre outros.

Jacobo traballou man a man con compositores da talla de Enno Poppe, Jennifer Walshe, Heinz Holliger, Georg Friedrich Haas, Stefan Prins, Simone Movio, Alexander Schubert, Hans Abrahamsen, Wolfgang Mitterer, Mathias Spahlinger, Peter Ruzicka, Javier Quislant, Dániel Péter Biró, Stefano Gervasoni, Gerd Kühr, etc. Entre os directores cos que traballou destacan Peter Rundel, Ivan Volkov, Bas Wiegers, Brad Lubman, Gernot Sahler, Oliver Knussen, Lucas Vis, Jean-Philippe Würtz, Walter Nußbaum, HK Gruber e Nacho de Paz.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez