JOHANN SEBASTIAN BACH

(Eisenach, actual Alemania, 1685 - Leipzig, 1750) Compositor alemán. Considerado por moitos coma o máis grande compositor de todos os tempos, Johann Sebastian Bach naceu no seno de unha dinastía de músicos e intérpretes que desempeñou un papel determinante na música alemana durante cerca de dous séculos e cuxa primeira mención documentada remonta a 1561.

Fillo de Johann Ambrosius, trompetista da corte de Eisenach e director dos músicos de dita cidade, a música rodeou a Johann Sebastian Bach dende o principio dos seus días. Á morte do seu pai en 1695, fíxose cargo de él o seu irmán maior, Johann Christoph, á sazón organista da igrexa de San Miguel de Ohrdruf. Baixo a súa dirección, o pequeno Bach familiarizouse rápidamente cos instrumentos de teclado, o órgano e o clave, dos que sería un consumado intérprete durante toda a súa vida.

A súa formación culminou no convento de San Miguel de Lüneburg, onde estudou aos grandes mestres do pasado, entre eles Heinrich Schütz, ao tempo que se familiarizaba coas novas formas instrumentais francesas que podía escoitar na corte.

A partir de estes anos, os primeiros do século XVIII, Bach estaba xa preparado para iniciar a súa carreira como compositor e intérprete. Unha carreira que pode dividirse en varias etapas, segundo as cidades nas que o músico exerceu: Arnstadt (1703-1707), Mühlhausen (1707-1708), Weimar (1708-1717), Köthen (1717-1723) e Leipzig (1723-1750).

Se nas dúas primeiras poblacións, sobre todo en Mühlhausen, os seus proxectos chocaron coa oposición de certos estamentos da cidade  as propias condicións locais, en Weimar encontrou o medio adecuado para a evolución do seu talento. Nomeado organista da corte ducal, Bach centrou a súa labor nesta cidade sobre todo na composición de pezas para o seu instrumento músico: a maior parte dos seus corais, preludios, tocatas e fugas para órgano datan deste período, ao que tamén pertencen as súas primeiras cantatas de igrexa importantes.

En 1717 Johann Sebastian Bach abandonou o seu posto en Weimar a raíz de ser nomeado mestre de capilla da corte do príncipe Leopold de Anhalt, en Köthen, un dos períodos máis fértiles na vida do compositor, durante o cal viron a luz algunhas das súas partituras máis célebres, sobre todo en el campo de la música orquestal e instrumental: los dos conciertos para violín, los seis Conciertos de Brandemburgo, el primer libro de "O clave ben temperado", as seis sonatas e partitas para violín solo e as seis suites para violoncelo solo.

Durante os últimos vinte e sete anos da súa vida foi Kantor da igrexa de Santo Tomás de Leipzig, cargo éste que comportaba tamén a dirección dos actos musicais que se celebraban na cidade. A esta etapa pertencen as súas obras corais máis impresionantes, coma as súas dois Paixones, a monumental Misa en si menor e o Oratorio de Nadal. Nos últimos anos da súa existencia a súa produción musical descendeu considerablemente debido a unhas cataratas que deixárono prácticamente cego.

Pese a que tras a morte do mestre a súa música, considerada en exceso intelectual, caeu nun relativo olvido, compositores do nivel de Mozart ou Beethoven sempre recoñeceron o seu valor. Recuperada pola xeración romántica, dende entón a obra de Johann Sebastian Bach ocupa un posto de privilexio no repertorio. A razón é sencilla: ao maxisterio que converte as súas composicións nun modelo imperecedeiro de perfección técnica, únese unha expresividade que as fai sempre actuais.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez