JORGE MONTES

Nacido en A Coruña en 1982, finaliza os seus estudos musicais con Matrícula de Honra e Premio Extraordinario. Becado pola Deputación de A Coruña, estuda violín e música de cámara con Keiko Wataya e Charles-André Linale na Hogeschool voor de Kunsten Utrecht, Holanda.

 

Becario da Accademia Musicale Chigiana, amplía q súa formación con G. Carmignola en Siena, Italia. Ofreceu numerosos concertos en España, Holanda, Portugal, Francia, Alemania, Bélxica, Ucrania, Polonia, Italia, Xapón, Arxentina, Chile, Uruguai, Brasil, etc. no marco dos máis importantes festivais, destacando a súa actividade como solista coa Orquestra Xoven da OSG e coa Orquestra Filarmónica de Odessa, Ucrania.

É membro fundador do Ensemble S-21 e de música práctica, do grupo de música antiga Ars Combinatoria e do cuarteto de corda Alicerce. Colabora dende o ano 2000 coa Orquestra Sinfónica de Galicia e coa Orquestra Sinfónica de Castilla e León, entre outras. Foi profesor da Orquestra Xoven da OSG, da Orquestra Xoven de Castilla e León, da Nova Orquestra Galega das Artes,  da Academia Contemporánea do festival Via Stellae, do curso Verano Musical en Teruel e Madrid, e como director na Escola de Altos Estudos Musicais da Real Filarmonía de Galicia.

 

Asesora a numerosas orquestras españolas na creación dos seus proxectos educativos. Na actualidade é profesor de violín do Conservatorio Xan Viaño de Ferrol así como director da Orquestra de Nenos da OSG dende a súa creación no ano 2010.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez