LORENA GARCÍA

Comeza a estudar viola ós oito anos no Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra. Continúa a súa formación na Escola de Altos Estudos Musicais cos profesores Tilmann Kircher e Natalia Madison e realiza os seus estudos posteriores no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

No ano 2015 gradúase no Hogeschool voor de Kunsten Utrecht (Países Baixos) co profesor Mikhail Zemstov e no ano 2017 finaliza o seu mestrado no ArtEZ Conservatorium de Zwolle (Países Baixos) coa profesora Julia Dinerstein obtendo as máximas cualificacións.

 

Participa en diversos festivais, tales como o festival “Sugrizimai” (Lituania) “Aurora” (Suecia) e “Oranjewoud” (Países Baixos).

Desenvolve unha extensa actividade orquestral colaborando con diferentes orquestras: “Orquestra Lira”, “Xove Orquestra Sinfónica de Galicia”, “Orquestra Gaos”, “Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra”, “Real Filharmonía de Galicia”, “De KlankKast”, “Camerata Rotterdam”, “Holland Orkest Combinatie”, “Filharmonie Noord”.

Recibe clases maxistrais de recoñecidos violistas, entre os que destacan: Yuval Gotlibovich, Prunella Pacey, Ilan Schneider, Simon Rowland-Jones, Sven Arne Tepl, Alexander Zemtsov, Michael Kugel, Alan Kovacs, José Manuel Román, Paul Cortese, Rachel Roberts e Vincent Fillatreau. 

 

Dende o ano 2017 colabora regularmente co grupo galego “Vertixe Sonora”, especializado en música contemporánea.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez