LUCÍA PÉREZ DIEGO

Comezou os seus estudos no ano 1993 na escola de música Sirinx nun programa de iniciación musical. Posteriormente, entre os anos 1997 e 2011 cursou os estudos correspondentes a grao medio e superior na especialidade de violoncello en Salamanca cos profesores Laura Oliver de la Guerra e Marius Díaz Lleal nos conservatorios Profesional e Superior de dita cidade.

 

No ano 2013 realiza unha especialización orquestral na Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago de Compostela coa Real Filharmonia de Galicia e seguidamente continúa a súa formación orquestral, esta vez enfocada no repertorio de ópera e ballet, na Accademia do Teatro alla Scala en Milán, Italia.

 

Alí comeza a cobrar importancia a súa actividade como intérprete de repertorio contemporáneo dentro do ensemble “Giorgio Bernasconi” e por iso decide estudar o máster de “Practice Performance in Contemporary Music” co Klangforum Wien na Universität für Musik und darstellende Kunst en Graz, Austria. 

 

Actualmente está finalizando dito máster mentres o compaxina coa súa actividade profesional colaborando con diversas orquestras e ensembles en España, Italia e Austria. 

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez