LUIS VEIRA

(A Coruña, 1978)


Cociñeiro, Árbore da Veira.

Estrela Michelin 2014

 

O talento de Luis Veira (A Coruña) creceu entre fogóns con estrela Michelin pero a súa paixón pola cociña a forxaron a medias os guisos da súa tía avoa, a madriña, e as caldeiradas do seu avó. Como naceu sabendo que quería ser cociñeiro, aos 13 anos xa estaba aprendendo na escola de Hostalaría de Santiago de Compostela. 

 

Veira estreou a súa experiencia laboral nos cinco veráns da súa época de estudos, con prácticas en diversos restaurantes. Traballou en hoteis, marisquerías e restaurantes tradicionais en Galicia e continuou a súa aprendizaxe en cociñas de España e Francia para despois volver á Coruña, onde tivo a súa primeira experiencia á fronte dunha cociña, o Don Bosco, no que xa servía menús de degustación, pero a súa inquietude púxoo de novo na carreteira.

Aprendeu xunto a Pepe Rodríguez Rey no restaurante El Bohío a transformación do produto básico e traballou nas cociñas de Martín Berasategui, Joan Roca ou Pepe Solla, entre outros, ata que en 2005 decidiu volver á Coruña para poñer en marcha un novo proxecto de referencia. Durante sete anos, sentou as bases da súa cociña e as súas receitas e conseguiu unha estrela Michelin -2010-. A súa paixón pola innovación e a experimentación vive agora no seu último proxecto, Árbore da Veira, que abriu en outubro de 2012, e onde, nun ano, conseguiu a súa primeira Estrela Michelin.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez