LULA ROMERO

(España, 1976)

Lula Romero cursou estudos de composición, piano e historia da arte en Sevilla e La Haya. Actualmente traballa na súa tese de doutoramento artístico na Universidade de Música e Artes Escénicas Graz (Austria). Dende 2010 vive e traballa en Berlín.

 

No seu traballo compositivo Romero investiga o fenómeno do espazo en relación con materiais e estruturas sonoras, que á súa vez interprétanse en conexión con teorías e prácticas feministas e cuestións de igualdade social.

 

Romero recibiu entre outros premios o GIGA-HERTZ production prize do ZKM | Karlsruhe e do SWR Experimentalstudio (2014), o Kompositionsstipendium (2012 y 2015) e o premio de composición Berlin-Rheinsberger (2011), estes últimos do departamento de cultura e Europa da cidade de Berlin, así como as bolsas de traballo do Deutsches Studienzentrum Venedig (2017) e o Künstlerhof Schreyahn (2013).

 

Recibiu o premio de composición CDMC 2008 e a mención honorífica do premio da Fundación Autor-CDMC 2010. En marzo de 2019 publícase o seu Portrait-CD na serie Edition Zeitgenössische Musik (WERGO), producido polo Deutscher Musikrat.

 

O seu traballo foi interpretado por numerosos grupos de música contemporánea, como Vertixe Sonora, Dúo Hellqvist/Amaral, Kairos Quartett, Zafraan Ensemble, KNM Berlin, Nieuw Ensemble e RadaR Ensemble en festivais internacionais como MATA (New York), SPOR (Aarhus), Mixtur (Barcelona) e o Sonification Festival (Berlín).

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez