LUZ ARCAS

Fotografía: Virginia Rota

Estudou Coreografía e Interpretación no Conservatorio Superior María de Ávila e Dirección Escénica na Real Escola Superior de Arte Dramática de Madrid. Continúa a súa formación de danza contemporánea en Bruselas, Ámsterdam, Croacia, Berlín e Bos Aires con diversos mestres. Estudou danzas clásicas indias. 


En 2009 funda a compañía de danza La Phármaco, onde traballa como directora escénica, coreógrafa e bailarina.

Miserere. Cando a noite chegue cubriranse con ela, Unha gran emoción política (coproducida polo CDN-INAEM) e Os fillos máis belos (coprodución co Víctor Ullate Ballet) son os seus últimos traballos. 

As súas obras e proxectos recibiron o apoio de Teatros do Canal, Comunidade de Madrid, Ministerio de Educación, Cultura e Deportes, AECID, Instituto Cervantes, Compañía Nacional de Danza, Centro Dramático Nacional, INAEM, e a Axencia Andaluza de Institucións Culturais.

É Premio 'El Ojo Crítico' de Danza de RNE 2015, Mellor Intérprete Feminina de Danza en Premios Lorca 2015 e Finalista a Mellor Intérprete Feminina de Danza en Premios Max 2017. 

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez