MAGDALENA CEREZO

É unha pianista española especializada en música contemporánea. Actualmente reside en Alemaña, onde estuda con Nicolas Hodges e ademais é profesora e pianista acompañante de Lied contemporáneo na Hochshule für Musik Karlsruhe.

 

Traballou con compositores como Wolfgang Rihm, Rebecca Saunders, Helmut Lachenmann, Beat Furrer, Bernhard Lang, Rolf Riehm ou Brian Ferneyhough e estreou obras de Peter Ablinger, Benjamin Scheuer e Fabián Panisello, entre outros. 

 

Ao longo da súa carreira interveu en festivais como Darmstädter Ferienkurse für Neue Musik, ManiFeste, Impuls Graz, ZeitGenuss Karlsruhe ou Mixtur en Barcelona, e tocou en salas como o Auditorio Nacional de Música, Berliner Philharmonie, Galvin Hall en Chicago ou Centre Pompidou (París). 

 

Foi pianista da JONDE, da Junge Deutsche Philharmonie e do Ulysses Ensemble e colaborou cos teatros de ópera de Karlsruhe e Stuttgart. Magdalena obtivo galardóns coma o primeiro premio no concurso Kulturfonds Baden de interpretación da obra de Wolfgang Rihm e o primeiro premio no concurso John Cage en Halberstadt. 

 

Actualmente é correspondente en Alemaña do programa "Música viva" de Radio Clásica. Ademais, as súas interpretacións foron retransmitidas pola radio e televisión (RTVE, HR, SWR, Digital Concert Hall, Deutschlandfunk, Radio Bremen).

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez