FRANCISCO MANUEL BALBOA RODRÍGUEZ

Naceu na Coruña o 29 de setembro de 1958. Realizou estudos de pintura con Aurelia de Lombera, participando en exposicións colectivas, e ingresou na Universidade. Posteriormente abandona os seus estudos de Filosofía para dedicarse á música, estudando no Conservatorio da súa cidade Piano, Armonía, Contrapunto, etc., con Mercedes Goicoa, Roxelio Grova e, particularmente, con Luis Coello a armonía de Hindemith. Trasládase a Madrid, onde entra en contacto con Luis de Pablo e Cristóbal Halffter.


É colaborador de Radio Nacional de España, e exerceu a crítica musical en diversos diarios e publicacións de ámbito local («El Ideal Gallego») e nacional. Tamén é autor de algúns traballos publicados sobre o Teatro Lírico Galego.


A súa obra inclúe páxinas para piano, instrumentos a solo, conxunto instrumental e orquestra. A súa música é difundida, entre outros, por Jean-Pierre Dupuy, Manuel Miján, o clarinetista Pierre Bonafos, o prestixioso conxunto de música contemporánea francés Solars Vortices, a Banda Municipal de Barcelona, Rogelio R. Gavilanes, Maximino Zumalave, Humberto Quagliata...


A súa obra presentouse en certámenes coma o Festival de Vran Cidade de Vigo, Ciclo de música do século XX de Bilbao, Festival Internacional de Avignon, Festival Mundial de Saxofón de Huy (Bélgica), así como en outras cidades españolas e máis europeas.


A súa música foi grabada para RNE por Jean-Pierre Dupuy, Humberto Quagliata, Rogelio R. Gavilanes e o propio compositor.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez