MANUEL DEL RIO

A creación audiovisual do realizador galego Manuel del Río (Santiago de Compostela, 1974) caracterízase por un enfoque interdisciplinario no que dialogan as artes, a literatura e a música, como amosa o seu filme documental Correspondencias sonoras (2013) e a súa curtametraxe No resplendor do día (2014), este último parte do Proxecto Nimbos.

 

Os seus traballos audiovisuais foron proxectados en son[UT]opías 2013 (Auditorio de Abanca), Cineuropa 2013 (CGAC), Festival FILMADRID 2015 (La Casa Encendida), amais de estar dispoñibles nas plataformas dixitais FILMIN e IN-EDIT TV.

 

En 2006 funda a gustav-mahler.es, web de referencia de fala hispana dedicada ao compositor austríaco Gustav Mahler.

 

Na súa vertente de crítico musical, para o semanario SantiagoSiete (2008-2013) escribe recensións nas que cobre as actividades musicais e cinematográficas da capital galega. Tamén realiza colaboracións en diferentes revistas musicais, así como notas ao programa para a Real Filharmonía de Galicia.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez