MARCO MARIL

(México DF, 1974)

 

É un músico e artista sonoro que leva máis de 15 anos publicando discos baixo distintos nomes, en proxectos que van dende o pop electrónico ata a arte sonora e a experimentación. 

Como artista sonoro fixo traballos tamén no terreo audiovisual, colaborando con outros artistas como Carme Nogueira, Iria Vázquez, Marta Valverde, Álex Cancelo, Berio Molina, Lucía Estévez e pezas para o Festival de Cine de San Sebastián ou o Festival Sinsal.

Forma parte tamén do colectivo artístico Mirasons e colabora como deseñador sonoro e produtor nos traballos máis recentes que publicou o artista sonoro Xoán Anleo. 

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez