MARÍA RIVERA FRAGA

Unha vez obtido o seu título de canto polo Conservatorio Superior de Música de A Coruña, exerce como profesora de canto e conxunto coral no Conservatorio Municipal de Culleredo (A Coruña).

Canta o Stabat Mater de Pergolesi xunto á soprano Teresa Novoa na catedral de Tui. Coa súa nai a mezzosoprano e maestra Conchita Fraga García-Armero, realiza uns recitais acompañadas ao piano por Javier Chao Mata na Casa de Galicia en Madrid.

Colaborando co coro Madrigalia de A Coruña, canta como solista na ópera Dido y Eneas de Purcell, no teatro Rosalia de Castro, e coa mesma agrupación coral , a Misa de San Nicolas de Haydn nas igrexas de Santiago e Santo Domingo de A Coruña.


Compoñente desde a súa fundación do coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, no que participou como solista desde a súa creación no ano 1998, canta o Stabat Mater de Pergolesi.
 

Dentro do Festival Mozart, no ciclo Mozart en Xira Missa Brevis en Sol Mayor, K47, de Mozart e tamén interpreta o Gloria de Vivaldi no Palacio da Ópera de A Coruña.

Coa agrupación francesa Ensemble Escapades da cal forma parte a súa irmá a arpista Eva Rivera, ofrecen varios concertos: na Igrexa de Santa Marguerite de París, na Igrexa de Mondreville e no Bateau Daphne en París, na Igrexa de San Nicolás na Houssaye en Brie (París), e Igrexa da Orden Terceira de A Coruña.

Con repertorio de música antiga ,dos séculos XVI e XVII, italiana e española, a agrupación volve a actuar en Postdam (Berlín) e na Capela do Hospital de San Luis (París).

Coa Orquestra Sinfónica de Galicia canta un papel de solista en na Zarzuela Cádiz de Federico Chueca baixo a batuta de Víctor Pablo Pérez. Tamén coa Orquestra do Conservatorio Superior de A Coruña para ofrecer na Igrexa de Santo Domingo a Fantasia para piano, coro e orquestra en Do menor de Beethoven (op80).


Participa no 60 Festival de Amigos da Ópera de A Coruña no que se representa a ópera Madame Butterfy.


A Misa da Coronación de Mozart en DO Maior, KV 317m, na Basilica de Sta María a Maior de Pontevedra acompañada polo coro da Orquestra Sinfónica de Galicia e a Orquestra Filarmónica Cidade de Pontevedra.

Dentro do Festival Mozart canta o Requiem des fleurs de Henry Busser co coro feminino da Orquestra Sinfónica.

Interpreta Pequena misa solemne de Rossini no Conservatorio de Vigo e coa agrupación coral Rias Baixas dirixida por Bruno Díaz. Coa mesma coral, a Misa da Coronación en DO Maior, KV 317mde Mozart baixo a dirección de Vicente Alberola, e acompañados pola Orquestra 430 de Vigo.


Durante o festival de cine "VIII MOSTRA DE CINE PERIFÉRICO”, interpreta a obra do compositor Jesús Torres para a proxección da película de F.W. Murnau titulada FAUSTO, baixo a dirección do mestre Juan Ramón Encinar.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez