MIGUEL BUSTAMANTE GUERRERO

Miguel Bustamante Guerrero, músico español nacido en Oruro (Bolivia) en 1948, foi asesor musical de Radio Clásica de Radio Nacional de España dende 1974 ata 2007 e como tal participou en infinidade de grabacións e transmisións musicais. Foi produtor musical de máis de medio centear de discos compactos do selo RTVE Música, entre os cales se encontran os oito volumes da serie "Grandes Pianistas Españoles" aparecidos entre 2003 e 2007. Comezou os seus estudos musicais na súa cidade natal coa súa avoa, a pianista mexicana María Parrondo. Foi discípulo de Manuel Carra no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e ampliou estudos con mestres como Paul Badura Skoda, Eduardo del Pueyo, Rosa Sabater e Federico Mompou, entre outros. Responsable en 1986-87 do Servicio de Educación Musical da Comunidade de Madrid, participou na xestación dos Conservatorios da Comunidade de Madrid e, simultáneamente, creou e dirixiu os Ciclos de Cursos sobre Ensinanza Profesional da Música. 


Como compositor, as súas obras foron interpretadas en España, Alemania, Portugal, Italia, Gran Bretaña, Estados Unidos, México,Cuba e Xapón.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez