NOÈ RODRIGO

Galardoado con varios primeiros premios en Concursos nacionais e internacionais, Noè Rodrigo é un dos xoves percusionistas con máis proxección do panorama actual. Tocou en salas como o Palau da Música Catalana, Usher Hall de Edimburgo ou Fundación Juan March e participou en festivais coma o de Granada, Santander, Edimburgo, Lucerna ou Eindhoven. Como solista o acompañou tamén a Scottish Chamber Orchestra.

 

Traballa con compañías de teatro musical en España, Holanda e Suiza; é colaborador habitual do Asko|Schönberg ensemble, a Royal Concertgebouw Orchestra, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Bilbao Orkestra Sinfonikoa, entre outras agrupacións; e forma parte tamén de Mbira-duo. 

 

En 2018 formou parte do tribunal do Eurovision Young Musicians Competition 2018 e desde ese mesmo ano é profesor de percusión do Conservatorio Superior das Illas Baleares. Así mesmo, realiza clases maxistrais por toda España. Noè é un percusionista comprometido coa música de nova creación e estreou obras en España e no estranxeiro.

 

Entre os seus próximos compromisos podemos destacar concertos como solista coa Orquestra da RTVE e a Banda de Barcelona e recitais no ADDA de Alicante e o Museo Interactivo de Lugo.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez