OCTAVIO MÁS IBÁÑEZ

Artista plástico, iluminador e director técnico.

 

Estudou na escola de Artes e Oficios de Vigo e trasladouse en 1989 a Santiago, onde compaxinou os seus estudos de Fotografía na Escola Mestre Mateo co seu traballo de iluminación na TVG. No ente público exerce durante 7 anos.

 

O seu estilo caracterízase por unha evolución cara á iluminación máis contemporánea. Traballa con compañías como: o Centro Dramático Galego, o Centro Coreográfico Galego, Casa Hamlet, Producións Excéntricas, Chévere. Teatro do Morcego, Eme2, La Macana, Teatro bruto, El Conde de Torrefiel, Nut, Elefante Elegante, Mofa&Befa… En cidades de todo o mundo. Roma, París, Berlín, Madrid, San Petersburgo, Cidade de Panamá, New Castle, Postdam, Santiago de Cuba, Barcelona, Almagro, Lisboa, Bruselas ,Zurich, Montreal, Marsella, Groningen, etc.

 

Entre os seus recoñecementos, destacan os Premios María Casares 2007 á mellor iluminación por O regreso ao deserto (CDG) e 2012, por Oeste solitario (Producións Excéntricas).

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez