RAFAEL YEBRA

Despois de estudar nos Conservatorios de Ourense e A Coruña co profesor Narciso Pillo, participa no seminario de Saxofón Contemporáneo da Escola de Altos Estudos do IGAEM impartido polo saxofonista Andrés Gomis e en seminarios con J. M. Londeix e M. B. Charrier. 

Participa como saxofonista invitado en diversas gravacións: Miniatura Mantis da compositora María García-Mendoza, Locus Amoenus de Antonio Rocha dentro do ciclo XV da Asociación Galega de Compositores, e xunto á Real Filarmonía de Galicia baixo a dirección de Oliver Díaz participa na primeira gravación mundial de Guitar para orquestra de Frank Martin.

No ano 2009 presenta MULTIPLENSEMBLE nunha colaboración co Goethe Institut de Madrid e o colectivo Al-ga cun programa adicado a K. Stockhausen para o Festival ARE MORE de Vigo. Co patrocinio do Concello de Pontevedra no 2012 presenta o espectáculo multidisciplinar Visións Sonoras sobre o Lérez.

Na súa aposta pola música actual estreou obras de Jacobo Gaspar, Luis Carro, Pablo Beltrán, Jesús González, Fernando Buide, María García-Mendoza, Eduardo Soutullo, Eckart Beinke, José Luís Campana, Helmut Oehring o Christophe Havel.

Rafael Yebra é profesor catedrático de saxofón no Conservatorio Superior de Música de Vigo, foi vicedirector e director de dito conservatorio e impartiu máster-class dentro do programa de mobilidades Erasmus en conservatorios superiores de música e universidades europeas en ciudades como Roma, Viena, Bruselas, Thesalonica, Lisboa ou  Berlín, entre outras.

Dirixe e coordina os cursos Saxornadas, é profesor residente da Aula Internacional de Saxofón (AIS) de Tui e realiza concertos como solista, con Múltiplensemble, co Ensemble de saxofóns S@x 21, TAC (Taller Atlántico Contemporáneo), Orquestra Sinfónica Vigo 430, Real Filarmonía de Galicia ou a Orquestra Sinfónica Cidade de Pontevedra. 

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez