RAMÓN OTERO MOREIRA

(Pontevedra, 1982)

A súa música xorde da exploración de dous enfoques creativos. Por unha banda, a contraposición entre contextos sonoros construídos mediante a oposición de elementos contrastantes e sonoridades creadas a partir de elementos contrastantes unificados nun todo orgánico, nas que coexisten ao tempo unidade e diversidade: un diálogo entre a antítese e a antinomía como principio xerador de forma.

 

Por outra banda, a utilización de obxectos sonoros illados a partir de materiais pre-gravados, para a súa posterior “multiplicación” mediante a alteración dos seus parámetros sonoros, a repetición ou a redistribución en todo tipo de combinacións lineais ou superpostas.

A súa obra foi estreada por intérpretes da Orquestra Sinfónica de Galicia, o Grupo Instrumental Século XX, o Conservatorio Superior da Coruña, o Coro Gaos, o Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela ou a Orquestra 430 de Vigo, entre os que figuran nomes coma o de Florian Vlashi, Despina Ionescu, Ramón Carnota, Estíbaliz Espinosa, Rediana Luckaçi, Mihai Tanasescu, Alexandre Llano, Carlos Marín, Alejandra Díaz ou Raymond Arteaga entre outros, como resultado de encargas recibidas por institucións como o Museo de Belas Artes da Coruña ou o Museo Provincial de Pontevedra.

 

Ramón Otero é Director musical e membro fundador do Festival RESIS de Música Contemporánea e Artes relacionadas. Actualmente traballa na edición de 2019, na que dirixe o Proxecto educativo do festival. 

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez