RAMÓN OTERO MOREIRA

(Pontevedra, 1982)

 

Comeza a súa formación como compositor con Arlene Sierra, Richard Elfyn Jones e Anthony Powers, na School of Music de Cardiff (2006/2007).

 

Recibe clases de Composición de David del Puerto no Taller Pablo Picasso (Museo de Arte Contemporánea MAC, 2009) e asiste ao curso de Composición e Análise impartido por Eduardo Soutullo (MAC, 2010).

 

Obtén o Diploma de Estudos Avanzados en Historia e Ciencias da Música e o Grao de Salamanca (2009) con mención cum laude. Recibe o título de Doutor en Musicoloxía pola súa investigación sobre música e dualidade en Debussy na School of Music de Cardiff e a Universidade de Salamanca.

 

Profesionalmente realizou encargos para o Museo de Belas Artes da Coruña e o Museo de Pontevedra. Escribe a música orixinal de El tragaluz (Escola de Cine Ecam de Madrid, 2009) e do documental Guardianes del Invernadero (Premio ao mellor documental do Festival de cine de Encinedo, 2015).

 

É un dos membros fundadores do Festival Resis de Música Contemporánea da Coruña.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez