ROMINA CASILE

(1992, Arxentina)

É Licenciada en Belas Artes pola Universidade Nacional de Rosario, con especialización en Escultura. Actualmente atópase realizando un Mestrado en Investigación en Prácticas artísticas e visuais na Universidade de Castilla-La Mancha en Cuenca, España.

Formou parte de diversas mostras colectivas e de residencias artísticas en diferentes cidades de Arxentina e España.

Na súa obra investiga nos vínculos de intimidade e modos de comunicación que se poden desenvolver cos obxectos cotiáns, en paralelo ao desenvolvemento de artefactos/dispositivos que posibilitan unha funcionalidade sonora. Estas procuras enlázanse con investigacións en relación á poesía, á música experimental, atravesadas por nocións de partituras e coreografía expandida. A súa práctica, caracterizada por unha configuración colaborativa/afectiva desprégase en obxectos, instalacións, performances e videos. 

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez