"TONO" ANTONIO GALÁN FUENTES

(Santiago de Compostela ,1967 )

Titulado na especialidade de procedementos pictóricos e técnicas murais na "Escola Llotja" de Barcelona. 

 

Estuda pintura e debuxo coa mestra Ángela Ocaña na Coruña e realiza o taller de forxa de ferro impartido por Martín Chirino na Fundación "Marcelino Botín" de Santander, ademáis do taller de escultura de forxa de ferro impartido tamén por Martín Chirino no Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, na Coruña.

Realiza cursos comúns na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos "Pablo Picasso" da Coruña, o curso monográfico de Caligrafía China impartida polo mestre Huan-Ji-Huai, en Barcelona e debuxo e pintura, escultura e grabado co mestre Pere Cara Milagros, na academia "Leonardo Da Vinci" de Barcelona.

Dende 2014 realiza traballos de Artes Gráficas e Tipografía no Colectivo Manchea Imprenta+Artefactos.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez