VERTIXE SONORA

Dende a súa aparición en 2011, Vertixe Sonora conertiuse nun auténtico revulsivo da sociedade galega. A súa presencia en todo o territorio e a súa permanente estrea de obras novas permite que Galicia participe da creación sonora internacional cun protagonismo activo e desafiante.

 

Un referente insustituible para a última xeración internacional de compositores que encontra nas súas produccións a oportunidade de desenvolver propostas musicais cunha perspectiva global e en permanente estado de convulsión, en búsqueda da excelencia artística.

 

Vertixe Sonora desenvolve unha programación diversificada que dinamiza o ecosistema musical europeo, favorecendo o intercambio e a cohesión a través da música do noso tempo. O ciclos Música e Arte: Correspondencias Sonoras no CGAC, Do Audible (encontro entre a música, a ciencia, o arte e o pensamento contemporáneos), o Festival  MIHLSonsXXI na cidade de Lugo e o Festival Internacional de Creación de Música Contemporánea Vertixe Sonora son algunhas das contribucións que están renovando a audiencia musical en Galicia.

 

Premio Martín Codax 2016 de Música clásica contemporánea, realizou 135 estreas absolutas de compositores de 32 países. En España levou o seu repertorio á Mostra Sonora de Suecia, Festival XXXVI Encontre Internacional de Compositores en Mallorca, Ciclo BBVA de Música Contemporánea de Bilbao, Festival SON de Madrid, Festival SMASH de Sansebastián, Festival Bernaola de Vitoria, ensemble residente do Festival MIXTUR de Barcelona e no XXVII Premio Xóvenes Compositores Fundación SGAE_CNDM 2016 no Auditorio 400 do Museo Nacional do Centro de Arte Reina Sofía.

 

O seu recoñecemento internacional permitiulle estar presente no Festival Oh Ton de Oldenburg (Alemania), Festival Electrocution de Brest (Francia), Levande Musik en Goteborg e Samtida Musik de Estocolmo (Suecia), Festival Síntesis en Guarda e Castelo Branco (Portugal), Festival de Música Nova de Monterrey (México) o CSUF New Music Series del Meng Fall Fullerton en California (EE.UU), ensemble residente do Festival SoundSCAPE de Cesena (Italia). O 2019 levaraos ao Festival Callejón del Ruido en Guanajuato (México), Festival Música Viva en Lisboa (Portugal) e as cidades de Basilea (Suiza), Oporto (Portugal) e Strasburgo (Francia).

 

A súa labor foi recollida nos documentais Correspondencias Sonoras (2013) de Manuel Del Río e Sonutopias (2014) do campUSCulturae da Universidade de Santiago de Compostela.  Grabou para o selo WERGO o ciclo Die Wanderung da compositora Lula Romero, e durante o 2019 grabará para o selo NEOS un monográfico sobre o compositor mexicano Víctor Ibarra.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez