VÍCTOR IBARRA

(México, 1978)


De orixe mexicano, Víctor Ibarra experimentou, na súa vasta formación, tanto no seu país natal como en Francia e Suiza, as ensinanzas de mestres como Hebert Vázquez, José Luis Castillo, Edith Lejet, Daniel D’Adamo ou Michael Jarrell, recibindo, entre outros, os seguintes recoñecementos internacionais: o primeiro premio do concurso Alea III en Estados Unidos, o primeiro premio do concurso Auditorio Nacional de Música – Fundación BBVA en España, o primeiro premio do concurso Mauricio Kagel, o Premio Zeitklang en Austria ou o primeiro premio do Basel Composition Competition en Suiza.

 

Recentemente foi seleccionado no 7º Foro internacional de Xoves compositores do Ensamble Aleph, ao tiempo que recibe o seu nomeamento como membro da Casa de Velázquez – Academia de Francia en Madrid.

Asiste con regularidade á difusión das súas producións, interpretadas maxistralmente por prestixiosos grupos de ámbito internacional; recentemente, concluíu a súa Mestría en Composición no Conservatorio Nacional Superior de Música e Danza de Lyon, obtendo o primeiro premio por unanimidade e o recoñecemento da fundación Salabert. A partir do 2014 é membro do Sistema Nacional de Creadores de Arte do Fondo Nacional para a Cultura e as Artes de México.

 

O seu estilo nútrese dos máis variados recursos que perfilan unha linguaxe xenuína, inmersa na microtonalidade e cun escrupuloso traballo harmónico que pode resultar laberíntico e ata obsesivo, acentuado por esa enerxía rítmica que se convirte nun compoñente esencial do seu discurso ou o emprego do virtuosismo instrumental –como unha ferramenta para xerar espazos e dimensións–.

 

A influenza do espectralismo francés –que lle axuda a traballar cunha intención colorística e tímbrica, aínda que non de forma exclusiva– e o diálogo interdisciplinar –que acostuma a establecer coas artes plásticas–, imprimen unha pegada persoal no seu traballo, ao que se aproxima dende unha claridade nos instintos e ideais compositivos.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez